Proceso electoral
A Cámara de Comercio de Ferrol está inmersa no proceso para a renovación dos seus órganos de goberno.
A Consellería de Economía e Industria, como Administración tutelante, publicou a convocatoria de eleccións no Diario Oficial de Galicia do 15 de febreiro.
A data elixida para a elección dos vogais do pleno é o 22 de abril. Esta elección realizase mediante sufraxio libre, igual directo e secreto entre todas as empresas.
O proceso remata cando o Pleno celebra a súa sesión constitutiva e elixe ao presidente e ao comité executivo da entidade.
A continuación recóllese a información máis relevante relativa ao desenvolvemento do proceso.
Presentación de candidaturas
Do 16 de febreiro ao 4 de marzo poderanse presentar as candidaturas conforme aos modelos que se inclúen nesta web.
Os requisitos para presentarse como candidato son:
Con cada candidatura achegarase a documentación seguinte:
Voto por correo
A solicitude de voto por correo deberá tramitarse segundo o modelo normalizado que figura no apartado de formularios e presentarse na secretaría da Cámara, ou enviarse por correo certificado, dentro dos vinte días seguintes ao da publicación da convocatoria electoral.
O envío do voto deberá realizarse coa antelación suficiente para que se reciba antes das 12 horas do día 21 de abril, data anterior á da celebración das eleccións.
Censo electoral
O censo electoral permaneceu á exposición pública desde o 14 de outubro ata o 12 de novembro de 2009 nas oficinas da entidade. Aínda que xa rematou o período para a presentación de reclamacións, os empresarios individuais e as sociedades mercantís poden introducir aquí o seu NIF/CIF para consultar en que grupos e categorías figuran inscritos para participar nas eleccións, en función da actividade que exerzan.
Normativa
Formularios
Outra documentación de interese