Cámara de Comercio del Ferrol

a cámara

Como se financia

Para a realización das súas actividades a Cámara de Comercio conta cos seguintes recursos:

As achegas das empresas: o recurso cameral permanente

Este recurso, que non pode superar o 60% do financiamento da Cámara, está constituído por:

  1. O 2% da cota tributaria do Imposto de Actividades Económicas para as empresas que facturen máis dun millón de euros.
  2. Unha porcentaxe decrecente por tramos, entre o 0,75% e o 0,01%, da cota líquida do Imposto sobre Sociedades.
  3. O 0,15% dos rendementos empresariais declarados no IRPF.

Outros recursos

Proceden, fundamentalmente, da prestación de servizos ás empresas, das subvencións e dos recursos que as administracións públicas destinen a sufragar o custo dos servizos público-administrativos ou a xestión de programas que lle sexan encomendados.

Control dos fondos

Os fondos que manexa a Cámara están sometidos a un triplo control:

  • Un control independente de todas as operacións contables e orzamentarias, a través dunha auditoría externa das contas anuais.
  • Un segundo control que exerce a Administración tutelante, coa aprobación dos orzamentos anuais e a posterior fiscalización das liquidacións orzamentarias.
  • Por último, o control do Consello de Contas de Galicia.

 

 
Cursos onlineQuiero empleoMasPymeDeustoMaster
 
©2008 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 - info@camaraferrol.org