Cámara de Comercio del Ferrol

antenas camerais

Que servizos ofrecen?

Por unha parte, nas antenas os empresarios e os emprendedores poden atopar os mesmos servizos que na sede da Cámara de Comercio en Ferrol, entre outros:

  • Punto PAIT: constitución de sociedades limitadas.
  • Tramitación telemática de declaracións e comunicacións fiscais.
  • Formación: cursos, xornadas e seminarios sobre temas de interese e actualidade empresarial.
  • Información e orientación sobre axudas e subvencións.
  • Asesoramento para crear unha empresa.
  • Intermediación laboral: bolsa de traballo para cubrir ofertas de emprego.
  • Facilidades para a exportación.
  • Atención de consultas sobre comercio interior.
  • Apoio a mulleres empresarias.

Ademais, cada unha das antenas constituíu un Observatorio Económico Local para detectar e analizar as necesidades e inquietudes das empresas da zona e así ter un coñecemento próximo á realidade do tecido empresarial que permita establecer as liñas de traballo destas oficinas e promover iniciativas de desenvolvemento económico dos respectivos territorios.

Cada Observatorio está integrado por representantes do Concello e da Cámara, por empresas, asociacións, axentes sociais e expertos de recoñecido prestixio da zona.

 

 


 
Cursos onlineQuiero empleoMasPymeDeustoMaster
 
©2008 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 - info@camaraferrol.org