Trátase dunha ferramenta informática que integra información cartográfica con bases de datos e permite realizar análises espaciais de mercado que sirvan de base a empresarios e emprendedores na toma de decisións.
Os usuarios que acudan á Cámara poderán visualizar, a través da pantalla dun ordenador, un mapa urbano da rúa, barrio ou área escollida e facerse unha idea precisa de quen son e onde están os seus posibles competidores, observar cal é o grao de saturación comercial ou de servizos e detectar cales son as zonas máis desabastecidas.
Así, grazas a este servizo é posible reducir o risco á hora de realizar novos investimentos ou buscar solucións a problemas xa existentes.
Utilidades