Desde este departamento, a Cámara traballa para resolver calquera dúbida relacionada coa xestión ambiental nas empresas, para axudalas no cumprimento das súas obrigas nesta materia e para promover un desenvolvemento sostible.
Trátase dun servizo gratuíto que facilita información e proporciona asesoramento a todas as empresas da demarcación desde unha perspectiva legal e técnica.
Ofrece información sobre:
Para calquera consulta:
Tel: 981 333165
Fax: 981 333096
medioambiente@camaraferrol.org
A Bolsa de Subprodutos é unha iniciativa do Consello Superior de Cámaras de Comercio de España que vén funcionando nas distintas comunidades autónomas como un vehículo eficaz para o bo aproveitamento dos residuos xerados polas actividades empresariais.
O obxectivo desta Bolsa é facilitar o intercambio e recuperación dos residuos producidos por algunhas empresas que poden ser utilizados directamente por outras como materia prima ou como substituto de produtos comerciais que son recuperables sen necesidade de someterse a operacións de tratamento.
Funciona a través da inserción de anuncios de oferta ou demanda: as firmas que desexen anunciar ofertas ou demandas de residuos industriais deben cubrir una ficha, na que se especifican unha serie de características do produto. A ficha será enviada á Cámara, que asignará un código a cada solicitude para garantir a confidencialidade do anunciantes.
Ofertas e demandas publícanse na aplicación BES-CAM e nun boletín.
Recibida a solicitude, a Cámara contactará inmediatamente coa empresa para enviarlle a información solicitada pola canle máis apropiada.
Entre os beneficios e vantaxes que supón a utilización da Bolsa cómpre destacar:
Para más información, puede acceder directamente a la web de la Bolsa de Subproductos Industriais de Galicia
Poñemos á disposición das empresas unha ampla base de datos na que aparecen as empresas relacionadas coa xestión de residuos nas áreas de transporte,tratamento, almacenamento e recollida. Pódense realizar consultas e buscas en función da provincia, residuo, empresa ou actividade.
Nesta sección, pódese atopar unha recompilación temática da normativa vixente de ámbito europeo, estatal, autonómico e local.
As Cámaras de Comercio galegas, co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, teñen editadas ase seguintes guías: