Cámara de Comercio del Ferrol

comercio

Vendas con desconto

Considérase venda promocional con desconto a que consiste en ofrecer, mediante calquera procedemento publicitario, incluídos os anuncios expostos no propio establecemento, unha redución sobre o prezo aplicado con anterioridade sobe un determinado produto ou grupo de produtos.

Condicións

  • A súa finalidade deberá consistir en potenciar a venda de determinados produtos ou no relanzamento dun establecemento que fose obxecto dunha importante remodelación física, o que se deberá acreditar achegando o correspondente proxecto técnico.
  • Non poderá incluírse neste tipo de promocións máis do 40% dos artigos (tipos de produto) existentes no establecemento, agás no caso de remodelación.
  • O período de duración destas vendas promocionais de determinados produtos será entre un e trinta días. Para os establecementos remodelados o prazo será de tres meses contados desde a data de apertura. En ambos os dous casos, os produtos promocionados non poderán ser obxecto de novas vendas con desconto, agás nos establecementos de alimentación.
  • Os anuncios desta modalidade de vendas deberán especificar as regras que se aplicarán e os produtos afectados, agás no caso de establecementos reformados cando teña en promoción máis da metade dos artigos.


 

 
Cursos onlineQuiero empleoMasPymeDeustoMaster
 
©2008 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 - info@camaraferrol.org