Cámara de Comercio del Ferrol

comercio

Prezos

Os prezos dos produtos e servizos poderán ser fixados libremente polos comerciantes sen máis limitacións que as impostas pola lexislación vixente en materia de prezos e marxes comerciais e de protección da libre competencia. Están prohibidas as vendas con perda, agás nos casos de saldos ou liquidación

Indicación dos prezos

  • Os prezos deberán ser exhibidos ou expostos ao público de forma que resulten perfectamente visibles. Poderán establecerse excepcións a esta obriga por motivos de seguridade.
  • Os artigos expostos nos escaparates deberán facer constar os seus prezos,de tal maneira que os compradores podan coñecelos sen necesidade de entrar no establecemento comercial.
  • O prezo de venda anunciado entenderase como o total do produto ou do servizo adquirido ao contado, incluídos todos os tributos aplicables.
  • Nos produtos que se vendan a granel, indicarase o prezo por unidade de medida.
  • Se na marcaxe dun produto figuran dous ou máis prezos diferentes, o comerciante estará obrigado a vendelo ao prezo máis baixo dos exhibidos.
  • No caso de vendas con pagos aprazados deberá exhibirse, polo menos, o importe de cada prazo, o número total deles, a súa periodicidade e o prezo final resultante.

 

 
Cursos onlineQuiero empleoMasPymeDeustoMaster
 
©2008 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 - info@camaraferrol.org