Vendas de saldos
As vendas de saldos son aquelas que afectan a produtos cun valor de mercado manifestamente diminuído a causa do deterioro, dano, desuso ou obsolescencia, polo feito de ser un excedente de produción ou de temporada.
Condicións
- Deberán ser claramente anunciadas como vendas de saldos ou de restos. A publicidade terá que detallar claramente as causas que motivan a venda e o seu período de vixencia.
- Cando se trate de artigos deteriorados ou defectuosos deberá constar tal circunstancia de maneira precisa.
- Os letreiros que deben acompañar os produtos en saldo deben indicar o prezo de cada artigo ou o prezo único para un conxunto de artigos.
- Os artigos saldados deberán estar debidamente separados do resto dos produtos non saldados.
- Nun mesmo establecemento comercial non poden realizarse ao mesmo tempo vendas de saldos e vendas de rebaixas.
- Para a venda de saldos con carácter habitual e permanente será preciso que o establecemento comercial estea dedicado exclusivamente a esta clase de vendas e que o rótulo deste establecemento se indique claramente esta circunstancia.
- Non se poderán saldar produtos adquiridos para tal fin e tampouco os que non estivesen á venda con anterioridade, polo menos con catro meses de antelación, agás nos establecementos que se dediquen exclusivamente a este tipo de vendas.