Empresarios e emprendedores poden realizar na Cámara os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha de sociedades limitadas (SL) e sociedades limitadas nova empresa (SLNE)
Esta tramitación lévase a cabo a nos Puntos de Asesoramento e Inicio á Tramitación (PAIT), integrados na rede CIRCE (Centros de Información e Rede de Creación de Empresas), de que dispón a nosa entidade grazas ao convenio asinado coa Dirección Xeral de Política da Peme do Ministerio de Industria.
O servizo permite xestionar de forma telemática as solicitudes dos emprendedores e empresarios que acudan á Cámara para constituír unha SL ou unha SLNE. O procedemento administrativo efectúase mediante o denominado Documento Único Electrónico que permite, nun só paso, realizar todos os trámites ante a Axencia Tributaria e a Seguridade Social, ademais de asignar cita co notario.
Deste xeito, redúcese a burocracia, o tempo e o custos implícitos que supón a creación dunha empresa. Ademais, os técnicos da entidade facilitan de xeito gratuíto a información e o asesoramento que precisen os emprendedores.
A Cámara dispón de puntos PAIT na súas oficinas da Malata, no viveiro de empresas e nas antenas de Ortigueira e As Pontes.
Máis información en Portal CIRCE (www.circe.es)