O Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres, promovido polas Cámaras de Comercio e o Instituto da Muller, ten como obxectivo erradicar os obstáculos que atopan as mulleres para acceder e consolidarse no mercado laboral, así como sensibilizalas cara ao autoemprego. Este proxecto conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e diríxese tanto a emprendedoras como a empresarias.
A través do referido programa, as usuarias poderán beneficiarse de asesoramento especializado por dúas vías:
» Máis información en www.empresarias.net
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) é unha Entidade Pública Empresarial, dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas co obxectivo de contribuír á mellora do seu nivel tecnolóxico. Para a prestación deste servizo, o CDTI posúe unha rede de puntos de información e asesoramento aos que facilita unha serie de ferramentas que contemplan os distintos programas de apoio á I+D+i.
A Cámara de Comercio de Ferrol forma parte da dita rede. Desta forma, os seus técnicos prestan, no viveiro de empresas, un asesoramento personalizado ás empresas e aos emprendedores sobre as liñas de apoio más convenientes, en función das características dos seus proxectos tecnolóxico-empresariais.
» Máis información: CDTI (www.cdti.es)
A Cámara de Comercio de Ferrol tamén forma parte da rede de técnicos cualificadores de proxectos empresariais de base tecnolóxica da Consellería de Traballo prestando asesoramento e apoio ao emprendedor en todo o proceso de cualificación.
» Máis información en: Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).