Maspyme Web
Quen pode participar?
Pemes e micropemes das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Cal é o obxectivo?
Facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso do seu negocio a Internet, mediante a creación dunha páxina web e o desenvolvemento dunha plataforma que lles permita manter unha presenza profesional na rede e promocionar e comercializar nela os seus produtos ou servizos.
O programa Maspyme conta cunha axuda aproximada do 60 % dos gastos.
Que ofrece o programa?
- Deseño de páxina web corporativa.
- Xestor Maspyme: unha persoa que axuda e guía en todo o proceso de produción da web.
- Licenza de uso dun “xestor de contidos”.
- Multi-idioma en todas as páxinas.
- Cesta da compra: pedidos en liña.
- Rexistro dun dominio.
- Alta nos buscadores principais.
- Aloxamento web.
- Paquete de ata 50 contas de correo electrónico.
- Mantemento e soporte técnico durante un ano.
- Atención ao cliente.
- Bonos de 100 € para promocionar a web en Google, Yahoo, ...
» Máis información en www.maspymeferrol.com