Buscar:
 
Noticias: Cámara
A Cámara e FEAGA celebran o xoves unha xornada informativa sobre o Estatuto do autónomo
09/12/2007
A Cámara de Comercio de Ferrol e a delegación da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA) organizan, en colaboración coa Asesoría I+D+i e Caixanova, unha xornada informativa sobre o novo Estatuto do traballador autónomo, que se celebrará o próximo xoves, día 13 de decembro, a partir de las 19:30 horas no auditorio do recinto ferial de Punta Arnela.

Noticias: Cámara
Convocada unha nova bolsa de comercio exterior para Alemaña
08/12/2007
A Cámara de Comercio de Ferrol vén de convocar unha nova bolsa de comercio exterior para realizar prácticas na Cámara de Comercio Española en Frankfurt. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o día 14 de decembro.

Noticias: Cámara
A Cámara acolle un dos actos da Semana da Responsabilidade Social Empresarial
06/12/2007
A Cámara de Comercio de Ferrol acolle o vindeiro luns, 10 de decembro, a partir das nove da mañá, un dos actos da Semana da Responsabilidade Social Empresarial —organizada pola Vicepresidencia dá Igualdade e do Benestar no marco do Proxecto Diana— que se celebra baixo o lema “a aposta pola creación de emprego e a igualdade de xénero: unha responsabilidade social compartida”.

Noticias: Cámara
A Cámara desenvolverá plans individuais de innovación para pemes
02/12/2007
A Cámara de Comercio de Ferrol axudará a 18 pequenas e medianas empresas da súa demarcación a poñer en marcha plans individuais de apoio á innovación, a través dun programa de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, que conta ademais co financiamento de fondos FEDER.

Noticias: Cámara
Máis de 40 restaurantes solicitaron servizo de tradución de cartas e menús
18/11/2007
Ata a data de hoxe, 42 restaurantes das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal solicitaron o servizo que ofrece a Cámara de Comercio para traducir as súas cartas de pratos e menús ao galego e ao inglés. Esta iniciativa enmárcase nun conxunto de actuacións para a normalización da lingua galega, dirixidas ás empresas da súa demarcación, que está a desenvolver a Cámara ao abeiro dun convenio subscrito coa Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

 

Desde esta páxina pódese acceder ao sitio web doutras Cámaras de Comercio Españolas. Debe seleccionar en primeiro lugar a provincia do seu interese e, deseguido, a cidade que desexe.

Provincia:
Cidade:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

©2004 Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591 Ferrol (A Coruña)
Tlf. 981 333 165 Fax. 981 333 096 info@camaraferrol.org
Condicións de uso da web, LSSI e Protección de datos