Cámara de Comercio de Ferrol

Novas

Calendario laboral 2022

03/01/2022

A Cámara de Comercio de Ferrol facilitará exemplares do calendario laboral para 2022 a todas as empresas asociadas que o soliciten.

Cómpre recordar que calquera empresa con trabajadores aslariados, de acordo co que dispon o Estatuto dos Traballadores, ten a obriga de elaborar anualmente o calendario laboral e de expor un exemplar no centrode traballo no que se reflictan os datos correspondentes á xornada, horario, quendas e días inhábiles.

Este ano serán inhábiles o 1 de xaneiro, Ano Novo; o 6 de xaneiro, Epifanía do Señor; o 17 de abril, Xoves Santo; o 18 de abril, Venres Santo; o 1 de maio, Festa do Traballo; o 17 de maio, Día das Letras Galegas; o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia; o 15 de agosto, a Asunción; o 1 de novembro, Todos os Santos; o 6 de decembro, Día da Constitución; o 8 de decembro, a Inmaculada Concepción, e o 25 de decembro, Nadal.

Tamén serán inhábiles para o traballo outros dous días, con carácter de festa local, que aparecen especificados, para cada un dos vinte e dous municipios da demarcación da Cámara no dorso do calendario.

As solicitudes deberán dirixirse ao seguinte enderezo electrónico:

 

 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. C/María, 158. 15401. Ferrol (A Coruña) -Tl. 981 35 66 37 -