O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Juan Gato, está a manter, nas últimas semanas, unha intensa axenda de contactos con representantes das administracións e do tecido económico da comarca.
A partir da sesión do pleno celebrada o pasado 20 de xullo na que se aprobou o organigrama funcional da entidade, coa elección dos presidentes das comisións e dos representantes en diferentes organismos, Juan Gato está realizando as súas primeiras visitas e encontros oficiais.
Os técnicos de creación de empresas da Cámara de Comercio de Ferrol asesoraron, nos seis primeiros meses de 2010, a un total de 74 mulleres que se dirixiron á entidade na procura de asesoramento para poñer en marcha o seu propio negocio. Esta cifra, que iguala a rexistrada en todo o ano 2009, ven a demostrar que, en tempo de crise, cobra forza a opción do autoemprego.
A Cámara de Comercio de Ferrol seleccionou as empresas Pasek Minerales S.L. e Diseño Naval e Industral S.L. (DINAIN), para incorporarse este ano ao Plan de Iniciación á Promoción Exterior - PIPE.
O plan, no que colaboran o ICEX, as comunidades autónomas e as Cámaras, axuda a converter a pequenas e medianas empresas en exportadoras estables de forma sinxela e sen riscos. O PIPE conta cun orzamento, para executar en dúas anualidades, de 46.000 euros por empresa.
O novo pleno da Cámara de Comercio de Ferrol celebrou onte a súa primeira reunión, despois da sesión constitutiva do pasado 24 de xuño, para designar aos seus representantes nos diferentes organismos e asociacións nos que a entidade ten participación.
A Cámara de Comercio de Ferrol manifesta o seu total rexeitamento ao decreto do Goberno central que prima a utilización do carbón autóctono e que compromete gravemente a viabilidade das centrais térmicas das Pontes e Meirama alimentadas con carbón importado.
A Cámara de Comercio de Ferrol convocou ás empresas do sector naval e da súa industria auxiliar para participar nunha misión comercial a Australia que está previsto que se desenvolva do 18 ao 26 de setembro
Xoán Gato Díaz foi elixido esta tarde como novo presidente da Cámara de Comercio de Ferrol no transcurso dunha sesión que estivo presidida pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro..
Ana Dolores Prego Rodríguez, María Luisa Villar López, Victoria de la Cal Leira e Marcos Vidal Alvárez foron elixidos este mediodía para formar parte do pleno da Cámara de Comercio de Ferrol, completando así a composición do máximo órgano de goberno da entidade.
Un grupo formado por operadores turísticos e xornalistas de Portugal inicia o próximo martes, 25 de maio, un percorrido polos principais puntos de interese turístico das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
A Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración co Instituto Tecnológico de Galicia, organiza para o vindeiro martes, 11 de maio, unha xornada sobre aforro e eficiencia enerxética na empresa.
A Cámara de Comercio de Ferrol acollerá o próximo 4 de maio o seminario Innovación para a competitividade sostible na empresa.
A Cámara presentou esta mañá Ferrol en cifras 2009, un traballo elaborado polo seu departamento de estudos que recolle, trata e anaiza os principais indicadores estatísticos dos municipios da comarca.
O servizo de emprego da Cámara de Comercio de Ferrol alcanzou no mes de marzo a cifra de 1.621 demandantes, o que supón duplicar o dato do mesmo mes en 2009 cando a bolsa de traballo da entidade rexistraba 814 inscritos.
O director xeral de Caixanova, José Luís Pego, e o presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, Francisco Cruz, asinaron un convenio co obxectivo de impartir novos cursos de actualización directiva a través da Escola de Negocios da entidade financeira.
O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Francisco Cruz, e o alcalde de Narón, Xosé Manuel Branco, rubricaron esta mañá un convenio de colaboración para a construción dun viveiro de empresas no polígono industrial de Río do Pozo.
Cincuenta e dous candidatos concorren ás eleccións para a renovación do pleno da Cámara de Comercio de Ferrol que se celebrarán o próximo 22 de abril.
A Cámara de Comercio de Ferrol convocou a empresas galegas do sector naval para participar na feira Seatrade Middle East Maritime que se celebrará e Dubai (Emiratos Árabes Unidos) do 26 ao 28 de outubro.
A antena da Cámara de Comercio no concello das Pontes organiza para o próximo luns, 22 de marzo, unha xornada informativa sobre o procedemento que poden seguir as empresas para recuperar o IVE das facturas emitidas e non cobradas.
Un grupo de 17 alumnos de formación profesional visitarán esta tarde o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Ferrol para coñecer as actividades que desenvolve e reunirse cos emprendedores alí aloxados.
A Cámara de Comercio de Ferrol pon en marcha Documentapyme, un novo servizo dirixido a calquera empresa que desexe ter un acceso rápido e seguro aos seus documentos mercantís fundamentais.
Tamén se abre hoxe o período de presentacion de solicitudes para participar no proxecto TIC aplicadas á xestión das relacións cos cos clientes das pemes (CRM-Pyme), dirixido á implantación dun CRM en dez pequenas e medianas empresas.
Unha expedición comercial composta por cinco importadores de planta ornamental procedentes de Alemaña e outros tres chegados de Francia, organizada pola Cámara de Comercio de Ferrol, visitou esta semana oito viveiros de produtores localizados en diferentes puntos da xeografía galega.
A antena da Cámara de Comercio en Ortigueira organiza un curso práctico de empaquetado que comezará o próximo luns, 22 de febreiro.
Dezasete países serán o destino das accións de promoción comercial que vai desenvolver, ao longo de 2010, a Cámara de Comercio de Ferrol co obxectivo de propiciar un incremento das vendas de produtos galegos a estes mercados.
A Cámara de Comercio de Ferrol abriu o prazo de inscrición para un curso de atención ao cliente en establecementos turísticos e hostaleiros que comezará a impartirse o próximo día 23 de novembro.
Produtores de planta ornamental da comarca terán a posibilidade de presentar os seus produtos, a próxima semana, aos importadores británicos que participan na misión inversa organizada pola Cámara de Comercio de Ferrol dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA).
A Cámara de Comercio de Ferrol vai desenvolver dous programas formativos dirixidos a executivos e responsables de mercadotecnia e vendas. Con esta iniciativa preténdese, en tempos de crise económica, axudar ás empresas a reformular a súa estratexia comercial e a xerar novos ingresos a través desta.
A Cámara de Comercio de Ferrol inicia mañá, 14 de outubro, coa exposición do censo, o proceso electoral para a renovación dos seus órganos de goberno. Desde esta data e ata o 12 de novembro, os 15.880 electores da circunscrición da Cámara, poderán consultar os seus datos censales nas oficinas da entidade.
A antena da Cámara de Comercio en Ortigueira programou para este outono unha serie de accións formativas dirixidas aos comerciantes desta localidade que comezarán, o vindeiro mércores, día 14 de outubro, cun seminario, de carácter gratuíto, sobre as distintas modalidades especiais de vendas.
Preto de medio cento de empresas déronse cita na xornada A estratexia da empresa tradicional en Internet, organizada pola Cámara de Comercio de Ferrol, dentro do Programa Maspyme. Diferentes expertos déronlles a coñecer as pautas para poder situar os seus negocios con éxito en Internet e mellorar así a súa competitividade na rede.
A antena local en Ortigueira da Cámara de Comercio organiza un curso para manipuladores de alimentos que se impartirá o próximo mércores, día 7 de outubro, de 17 a 20 h no museo Ortegalia.
A Cámara de Comercio de Ferrol modifica, a partir do 5 de outubro, o seu horario de atención ao público co fin de amplialo e adaptalo ás necesidades dos usuarios dos seus servizos.
A antena local da Cámara de Comercio nas Pontes —en colaboración co concello desta localidade, a Asociación do Gourmet e RTV Eume— organiza o I Concurso de Tapas Vila das Pontes que comezará o próximo luns, 5 de outubro.
A Cámara de Comercio de Ferrol organiza, para os próximos días 5 e 6 de outubro, un seminario gratuíto no que dará a coñEcer ás empresas os mecanismos que serven para previr e limitar os riscos derivados dos procesos de expedición de mercadorías a outros países.
O programa de formación para este outono da Cámara de Comercio de Ferrol ofrece unha trintena de novos cursos, nas áreas de dirección, xestión económico-financeira, comercial, internacionalización, recursos humanos, hostalería, turismo e innovación, que supón máis de catrocentas horas de formación presencial.
Persoas que queren pór en marcha un proxecto viable de creación de empresas e empresarios que buscan mellorar a rendibilidade do seu negocio son os destinatarios do Programa de Creación e Consolidación de Empresas que comeza a próxima semana na Cámara de Comercio de Ferrol.
O vindeiro martes, 7 de xullo, a Cámara de Comercio de Ferrol acollerá unha xornada informativa sobre as repercusións que ten a liberalización do mercado eléctrico no custo da subministración ás empresas. Esta actividade organízase en colaboración coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC).
A Cámara de Comercio de Ferrol vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística que lle vai permitir á entidade reforzar o seu compromiso coa dinamización da lingua galega no eido empresarial.
Entre as actividades que se van desenvolver cómpre destacar a elaboración dun manual de estilo para as empresas, unha ferramenta que servirá para resolver dúbidas comúns no uso do idioma e que ofrecerá consellos prácticos para facilitar a elaboración de documentos.
A firma de moda infantil Cosan Baby participa mañá en Ourense, xunto con outras empresas galegas de confección, nun showroom para dar a coñecer as súas creacións a un grupo de catorce importadores procedentes de Rusia.
A Cámara de Comercio de Ferrol vai desenvolver o proxecto Innovía que permitirá a 25 pequenas e medianas empresas da súa demarcación racionalizar a súa xestión mediante unha ferramenta ofimática avanzada deseñada para mellorar a organización dos aspectos administrativos e comerciais.
O departamento de creación de empresas da Cámara de Comercio de Ferrol está iniciando a selección de participantes para o seminario de planificación empresarial que, organizado en colaboración con Bic Galicia, vai desenvolver durante o mes de xuño.
Co obxectivo de presentar as posibles medidas que os comerciantes poden adoptar para afrontar a actual crise económico, a Cámara de Comercio de Ferrol programou a xornada informativa O pequeno comercio ante a crise:estratexias e actuacións que se celebrará o próximo xoves, 14 de maio.
A Cámara de Comercio de Ferrol e a Escola de Negocios Caixanova organizan o seminario A Lei Concursal: unha alternativa para empresas en crise que se desenvolverá os días 24 e 25 deste mes no centro de formación da Cámara.
Dentro do plan de internacionalización elaborado polas Cámaras de Comercio de Galicia, a de Ferrol centrará as súas accións promocionais nos mercados centroeuropeos, a través de misións comerciais directa e inversas que alcanzarán, no primeiro semestre deste ano, a un conxunto de dez países.
As antenas da Cámara nas Pontes e Ortigueira organizan senllos seminarios, que se celebrarán, respectivamente, os días 20 e 28 de abril, sobre as accións e estratexias que pode desenvolver o pequeño comercio para afrontar a crise
A Cámara de Comercio de Ferrol organiza, para o próximo 15 de abril, unha xornada técnica sobre os sistemas de xestión da seguridade da información de acordo coa norma ISO 27001.
A Cámara presentou un estudo sobre as necesidades fomativas das empresas da comarca, un traballo elaborado polo seu departamento de estudos que recolle, trata e analiza indicadores relacionados coa formación e os recursos humanos.
Produtores de planta ornamental de la comarca tendrán a posibilidade de presentar os seus produtos a un grupo de dez importadores procedentes de Polonia, Hungría e Croacia que estarán en Galicia do 30 de marzo ao 3 de abril, no marco dunha misión inversa organizada por esta Cámara de Comercio.
A Cámara de Comercio de Ferrol, en colaboración co Instituto Atlántico do Seguro (INADE), celebrará o próximo martes, día 24 de abril, unha xornada informativa sobre o seguro en tempo de crise.
A Cámara de Comercio de Ferrol sumouse ao programa Emprego con Apoio que promove a Asociación Down Ferrol para permitir a realizaciónde prácticas e posterior inserción laboral de persoas con esta discapacidade.
A Cámara de Comercio de Ferrol volve a organizar unha misión inversa de importadores de viño procedentes dos Estados Unidos que estarán en Ferrol do 7 ao 10 de marzo para, no marco de Fevino, entrevistarse con viticultores galegos. Esta acción ten como obxectivo aumentar as exportacións dos viños galegos a un dos mariores mercados do mundo deste produto.
A Cámara de Comercio de Ferrol vai participar no Ano Económico de Hungría en España ocupándose da organización na nosa cidade dun acto no que se van presentar aos empresarios galegos as oportunidades de negocio e investimento no país maxiar.