Cámara de Comercio de Ferrol

Oficina de prensa

Servizo de noticias económicas

A Cámara de Comercio de Ferrol ofrece un servizo gratuíto que permite aos seus usuarios acceder diariamente, de luns a venres, aos principais contidos económicos que publica a prensa diaria no noso país.

Os que se subscriban recibirán no seu correo electrónico, a primeira hora da mañá, unha recompilación dos titulares de economía máis destacados recollidos nas edicións de Internet dos principais xornais especializados, pero tamén de información xeral e da prensa local.

A recompilación recolle actualmente noticias de Expansión, Cinco Días, El País, El Mundo e ABC. Ademais, incluímos noticias económicas das edicións de prensa local, como Diario de Ferrol e La Voz de Galicia.

Existe a posibilidade de personalizar o servizo para configurar unha edición a medida de cada usuario,  seleccionando unicamente aquelas seccións ou xornais que máis lle interesen. Tamén se pode configurar para non recibilo en determinados períodos, como as vacacións, e evitar así a saturación de correos electrónicos.

» Ver unha mostra do boletín

» Subscrición ao servizo de Noticias Económicas.

 

 
 
©2008 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 - info@camaraferrol.org