Cámara de Comercio del Ferrol

servizos xerais

Biblioteca e arquivo

A Cámara conta cun importante fondo documental especializado en temas económicos e empresariais, en cuxa organización está a traballar nos últimos anos persoal especializado. Este fondo está a disposición non só dos servizos técnicos da entidade senón tamén dos usuarios externos potencialmente interesados nestes temas.

A bibliografía pode consultarse na propia Cámara xa que non está contemplado o préstamo externo.

Biblioteca e hemeroteca

A biblioteca dispón de máis de 5.800 rexistros ordenados segundo as seguintes materias:

  • CÁMARAS DE COMERCIO. Memorias, informes e balances.
  • CÁMARAS DE COMERCIO. Estudos e publicacións.
  • CULTURA. Arte, literatura e historia.
  • DEREITO.
  • ECONOMÍA. Estatísticas, estudos e manuais.
  • EMPRESAS. Administración, directorios e manuais.
  • FEIRAS, EXPOSICIÓNS E SALÓNS.
  • FORMACIÓN E EMPREGO.
  • MEDIO AMBIENTE
  • MEMORIAS, INFORMES E BALANCES
  • POLÍTICA.
  • PUBLICIDADE. Estudos, folletos e catálogos.

Poden facer uso da mesma empresarios, investigadores, profesores ou estudantes que procuren información sobre estas materia.

Conta, asemade, cunha hemeroteca que ten catalogadas máis de 300 publicacións periódicas

Arquivo

Ademais do seu arquivo administrativo, a Cámara de Comercio de Ferrol dispón dun interesante arquivo histórico, con documentos con máis de cen anos de antigüidade, que está a ser recuperado, catalogado  e dixitalizado cara a facilitar a súa conservación e consulta e, polo tanto, a súa posta en valor.

Inclúe censos de actividades empresariais, memorias, solicitudes de información comercial, libros de actas, boletíns informativos e outros documentos que reflicten numerosos datos sobre a economía, as infraestruturas (porto, ferrocarril) e o comercio ferrolán e sobre a súa evolución.

Para ampliar información: biblioteca@camaraferrol.org

 

 

 

 
Cursos onlineQuiero empleoMasPymeDeustoMaster
 
©2008 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 - info@camaraferrol.org