Solicitude de espazo
Beneficiarios
Poderán optar a instalarse no viveiro aqueles emprendedores e empresas de recente creación, dedicadas a actividades de servizos, que presenten un proxecto que avale a súa viabilidade económica. Sectores como mercadotecnia, relacións públicas, consultaría ou novas tecnoloxías son só algúns exemplos de actividades susceptibles de instalarse no viveiro.
Terán preferencia aqueles emprendedores que recibisen a formación que se ofrece desde a Cámara en materia de planificación empresarial
Todos os aspectos relativos ao funcionamento do viveiro e condicións de uso figuran recollidos no seu Regulamento de réxime interior.
Procedemento
A selección de proxectos para a utilización do viveiro realizarase segundo o seguinte procedemento:
- Os interesados deberán presentar na Cámara, ou no propio viveiro de empresas, a solicitude de espazo nun impreso normalizado acompañado dun plan de empresa, que reflicta a descrición da actividade empresarial que se pretende desenvolver no viveiro, así como unha análise do mercado, as previsións de investimento, financiamento, etc. Para tal efecto, a Cámara proporcionará aos interesados un modelo de plan de empresa, con carácter orientativo. que conterá a información mínima a valorar para seleccionar os aspirantes. Estes poderán engadir ou xuntar calquera documento, plano, bocexo, etc. que permita unha mellor valoración da súa idea empresarial.
- Presentada a documentación, a Cámara elaborará un informe valorativo de cada proxecto empresarial, analizando os diversos aspectos que servirán de base á selección de solicitudes, e comunicará por escrito a súa decisión aos solicitantes.
- Una vez seleccionados, os usuarios formalizarán un contrato de cesión coa Cámara, en cuxas cláusulas materializaranse os dereitos e deberes de ambas as dúas partes durante o período de estancia no viveiro de empresas.
Viveiro de empresas
Rúa María, 158, Baixo
Tel. 981 364 211 Fax: 981 364 212
E-mail: [email protected]