O obxectivo principal deste servizo é propiciar o desenvolvemento empresarial por medio do deseño de programas que melloren a produtividade e a competitividade das pemes, micropemes e autónomos da demarcación.
A integración da cultura innovadora nas estratexias empresariais é unha ferramenta clave para lograr un crecemento económico sostido. Para logralo a Cámara pon a disposición das empresas programas como InnoCámaras, Maspyme ou Camerfirma que abren novos camiños á innovación e ás súas vantaxes.
Para calquera consulta:
Tel: 981 333165
Fax: 981 333096
innovacion@camaraferrol.org