Cámara de Comercio del Ferrol

promoción internacional

Actividades de promoción exterior

ACTIVIDADEPAISSECTORDATAS
Misión comercial inversaAlemaña/Francia/Reino UnidoPlanta ornamental1-5 de marzo
Misión comercial directaAlemañaPlurisectorial3-7 de maio
Misión comercial inversaPortugalTurismo24-28 de maio
Misión comercial directaRepública Checa-HungríaPlurisectorial13-18 de xuño
Visita á feira SMM (Hamburgo)Alemaña Naval7-10 de setembro
Misión comercial directaAustraliaNaval18-26 de setembro
Misión comercial inversaPolonia-Eslovaquia- República ChecaMateriais de construción20-24 de setembro
Participación na feira SIB (Casablanca)MarrocosMateriais de construcíón1-7 de novembro
Misión comercial directaSerbia/Macedonia/AlbaniaPlurisectorial14-20 de novembro
Misión comercial directaIndiaNavaldo 27 de novembro ao 4 de decembro

Misións comerciais directas

Nestas accións de prospección en mercados internacionais, a Cámara de Ferrol ocúpase de coordinar a organización das axendas de traballo entre empresarios locais e españois así como calquera cuestión relacionada coa loxística do desprazamento.

Misións inversas

Invítase a potenciais clientes estranxeiros a visitar as sedes de empresas galegas, co obxectivo de que coñezan de primeira man os seus produtos e así posibilitar o inicio de relacións comerciais.

Participacións en feiras

Xestiónase a contratación de espazo, o deseño e construción do stand e, en xeral, todos os aspectos necesarios para facilitar ás empresas a promoción directa dos seus produtos na exposición de que se trate.

Visitas a feiras

Organízase a viaxe e estancia dun grupo de empresas para que coñezan as novidades do sector, así como as tendencias do mercado e poidan establecer contactos comerciais.

Ademais, todas as empresas da demarcación da Cámara de Ferrol poden participar en calquera outra actividade de promoción que organicen as restantes Cámaras galegas no marco do Plan de Fomento das Exportacións Galegas -FOEXGA- beneficiándose dos mesmos apoios a nivel organizativo e económico.

Máis información en www.foexga.org

 

 
 
©2008 Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 - info@camaraferrol.org