Encargado/a para sección de caballero (Vigo)
31/01/2012
Ref. 2012/08
Multinacional da moda precisa incorporar un encargado ou encargada da sección de cabaleiro para o seu punto de venda en Vigo.
Entre outras funcións, encargarase da xestión do produto, adaptando as coleccións ao gusto do cliente e realizando o pedido semanal de reposicións e as devolucións. Tamén se ocupará da xestión do equipo ao seu cargo (organización, formación e motivación), do control do orzamento asignado e do servizo e orientación ao cliente.
Requírese experiencia previa en posto similar, coñecemento do produto, dotes de comunicación e organización e capacidade de liderado e traballo en equipo.
Máis información sobre esta oferta no noso servizo de intermediación laboral (Tel. 981 333 165- Ext. 6) ou na web www.quieroempleo.com
Director de obra
31/01/2012
Ref. 2012/07
Empresa do sector industrial da comarca de Ferrol necesita un enxeñeiro técnico industrial, da especialidade de mecánica ou estruturas metálicas, ou un arquitecto técnico para desempeñar funcións de dirección e coordinación de obras.
Requírese dominio do francés e coñecementos de deseño, así como capacidade de organización e xestión de equipos de traballo e dispoñibilidade para viaxar.
Os candidatos que cumpran con estes requisitos poden poñerse en contacto co noso servizo de intermediación laboral Tel. 981 333 265 - Ext. 6) ou acceder a esta oferta a través de www.quieroempleo.com
Montadores de estruturas en madera e mobiliario
02/01/2012
Ref. 2012/01
Empresa da comarca de Ferrol selecciona persoal para a montaxe de elementos de carpintería e mobiliario comercial. Requírese formación específica en madeira e moble ou ampla experiencia profesional.
Imprescindible flexibilidade horaria e dispoñibilidade para viaxar.
Os candidatos con este perfil poden poñerse en contacto co servizo de intermediación laboral desta Cámara (Tel. 981 333 165 - Ext. 6) ou subscribirse á oferta a través de www.quieroempleo.com
Comercial
20/12/2011
Ref. 2011/48
Emisora local necesita comerciais con experiencia para a captación de anunciantes e a comercialización de publicidade. Ofrécese contrato mercantil e comisión de entre o 25% e o 30%.
Máis información sobre esta oferta no noso servizo de intermediación laboral (Tel. 981 333 3165 - Ext. 6) o en www.quieroempleo.com
Auxiliar administrativo con idiomas
16/12/2011
Ref. 2011/47
Empresa da comarca de ferrol precisa incorporar un auxiliar administrativo con coñecementos avanzados de alemán inglés e francés. Tamén se require dispoñibilidade para viaxar.
Aqueles candidatos que se axusten a este perfil poden poñerse en contacto co nosoo servicio de intermediación laboral (Tel. 981 333 165 - Ext. 6) ou subscribirse a esta oferta a través do portal www.quieroempleo.com
Electricistas industriais
29/11/2011
Ref. 2011/45
Empresa do sector industrial selecciona dous electricistas. Imprescindible experiencia previa e coñecementos avanzados en interpretación de planos.
Ofrécese contrato por obra ou servizo.
Os candidatos con este perfil poden dirixirse ao departamento de intermediación laboral ou consultar o portal consultar el portal www.quieroempleo.com
Administrativo/a comercial y de produción con inglés
08/11/2011
Ref. 2011/42
Empresa da comarca de Ferrol necesita incorporar un acministrativo para o seu departamento de produción.
Ocuparase en tareas de atención ao cliente, faturación básica, reprografía, archivo documental e redacción de documentos. Requírese un nivel avanzado de inglés e de Microsoft Office.
Ofrécese contratación indefinida, unha vez superado o período de probas.
Máis información no servizo de intermediación laboral (Tel. 981 333 165 - Ext. 6) ou en www.quieroempleo.com
Enxeñeiro/a industrial en Mecánica
08/11/2011
Ref. 2011/41
Empresa industrial da comarca de Ferrol precisa a incorporación inmediata de dous enxeñeiros industriais coa especialidade de Mecánica.
Ofrécese contratación indefinida, unha vez superado o período de proba, e remuneración a negociar segundo a cualificación e experiencia.
Os candidatos que se axusten a este perfil poden solicitar máis detalles sobre a oferta no servizo de emprego (Tel. 981 333 165 - Ext. 6) ou subscribirse á oferta en www.quieroempleo.com.
Operario de mantemento electromecánico
07/11/2011
Ref. 2011/40
Empresa do sector industrial necesita incorporar ao su cadro de persoal un profesional con experiencia para o mantemento mec´nico e eléctrico de maquinaria.
Os candidatos interesados nesta oferta poden dirixirse ao servizo de emprego da Cámara (Tel. 981 333 165 - Ext. 6) ou consultar o portal www.quieroempleo.com
Encargado de producción/comercial
07/11/2011
Ref. 2011/39
Empresa do sector siderometalúrxico selecciona técnico comercial e de produción para ocuparse do deseño de proxectos de mecanizado, control e seguimento de obras, control da carga de traballo e organización do persoal operario.
Inprescindible experiencia en posto similar e coñecementos de interpretación de planos e manexo de máquinas de medición.
O servizo de emprego da Cámara de Comercio (Tel. 981 333 165 - Ext. 6) pfrece máis información sobre esta oferta. Tamén é posible subscribirse a través do portal www.quieroempleo.com
Oficiais de carpintería metálica
02/11/2011
Ref. 2011/32
Empresa do sector industrial da comarca de Ferrol necesita incorporar de forma inmediata a profesionais con experiencia previa en traballos de carpintería metálica en buques.
Valorarase formación en prevención de riscos laborais (50 horas) e en sensibilizción medioambiental (8 horas).
As persoas interesadas poden contactar co noso servizo de intermediación laboral (Tel. 981 333 165 - ext.6), ou ben acceder ao portal www.quieroempleo.com
Xefe/a de equipo
24/10/2011
Ref. 2011/35
Importante empresa da comarca de Ferrol solicita a incorporación inmediata dun xefe/a de equipo, que se encargará da coordinación e supervisión do personal ao seu cargo, na distribución do produto terminado.
Requírese:
Ofrécese:
Para maior información, cómpre chamar ao servizo de emprego da Cámara de Comercio de Ferrol (981 333 165 ext. 6) ou acceder al portal www.quieroempleo.com