Cámara de Comercio del Ferrol

promoción internacional

Servizos de información

C@sce

Mediante este servizo ofrécense respostas ás consultas máis frecuentes na operativa e xestión do comercio exterior.

A través do C@sce a propia empresa pode resolver, directa e facilmente, as súas consultas en materia de comercio exterior, apoiándose nunha base de datos de preguntas e respostas, previamente elaboradas, dispoñibles en Internet. Se non atopa resposta á consulta exposta, a empresa pode dirixir a pregunta á Cámara que lle responderá a través do servizo de asistencia técnica do programa.

  • Acceso ao servizo: www.casce.org

C@doex - Documentación e estudos de mercado exteriores

Cadoex pretende facilitar o acceso á documentación e estudos sobre comercio exterior que tanto as Cámaras como outros organismos e institucións nacionais e internacionais elaboran e que poden servir de apoio á internacionalización da empresa española.

Acceso ao servizo:

  • Documentos das Cámaras
  • Outras fontes

C@bi

É un programa das Cámaras de Comercio que proporciona á empresa información sobre comercio exterior en Internet.

A empresa interesada en obter determinada información realiza a súa consulta vía e-mail, fax ou persoalmente, nas oficinas da Cámara. Unha vez analizada polo responsable do servizo, realizarase a busca a través do programa e enviaranse á empresa os resultados do traballo.

  • Guías on-line de apoio á internacionalización.
  • Documentos de exportación por países.
  • Documentos de importación e exportación.
  • Estatísticas de importación e exportación.
  • Directorio de empresas exportadoras e importadoras.

 

 

 
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 -