Cámara de Comercio del Ferrol

promoción internacional

Bolsa de subcontratación

A Bolsa de Subcontratación Industrial é un servizo das Cámaras de Comercio galegas, con sede na de Vigo, que agrupa a un colectivo de pequenas e medianas empresas da nosa comunidade autónoma encadradas nos sectores industriais do metal, construción e reparación naval, plástico, caucho, electricidade, electrónica, téxtil, madeira, cerámica, química, enxeñerías e servizos tecnolóxicos.

O seu obxectivo é facilitar ás empresas contratistas a localización de provedores para os produtos ou procesos industriais que queiran subcontratar. A través da Bolsa pódense realizar buscas segundo distintos criterios e establecer contactos directos coas empresas de interese.

As empresas subcontratistas, ao formar parte da Bolsa, benefícianse da promoción que se realiza deste servizo —e das empresas a el adheridas— en feiras internacionais do sector. Ademais, poden participar en misións comerciais que se convoquen, encontros empresariais... Tamén reciben información sobre demandas concretas de compradores, estudos sobre o sector e novidades.

As empresas interesadas poden dirixirse á Bolsa para solicitar a súa inscrición.

Máis información en http://subcont.camaras.org/vigo/subconvigo.asp

 

 
 
© 2008-2023 camaraferrol.org Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. A Malata, s/n. 15591. Ferrol (A Coruña) - Tl. 981 333 165 Fax. 981 333 096 -